Vertedoiro de rexeites
Os rexeites da liña de selección de envases e do afino de compostaxe deposítanse nun vertedoiro controlado. Este espazo está debidamente impermeabilizado e distribuído en diferentes celas e subcelas de pequena superficie. Con esta distribución conséguese minimizar a cantidade de chuvia que reciben producindo lixiviados que logo hai que depurar.