QUE FAGO COAS PILAS?

As pilas conteñen varios contaminantes considerados perigosos entre os que figuran o zinc, cadmio, o chumbo e o mercurio. Cando, incorrectamente, se tiran as pilas usadas co resto dos refugallos, estas pilas van parar ó vertedoiro ou á incineradora. Isto pode provocar que o mercurio e outros metais pesados tóxicos cheguen ó medio e prexudiquen ós seres vivos. Seguindo a cadea alimentaria, o mercurio pode afectar ó home. Unha soa pila de mercurio pode contaminar 600.000 litros de auga e unha alcalina 167.000 litros.

A nosa recomendación é dispoñer dun envase usado (como por exemplo unha botella de plástico) no que ir acumulándoas para levalas logo ás caixas de cor amarelo situadas no lateral dos contedores ou iglús de cartón ou vidro na rúa. Por suposto, valeira neles as pilas e a botella tíraa no contedor de envases. Non acumules as pilas durante moito tempo xa que poden degradarse.