CERTIFICADOS MEDIOAMBIENTAIS e I+D+I
A Planta de Lousame conta coas seguintes certificacións:
ISO 9001 de Xestión da Calidade: norma internacional que ten en conta as actividades dunha organización, sen distinción do sector de actividade. Está concentrada na satisfacción do cliente e na capacidade de prover produtos e servizos que cumpran coas esixencias internas e externas da organización. Actualmente é a máis empregada a nivel mundial.
ISO 14001 de Xestión Ambiental: ofrece a posibilidade de sistematizar, de forma sinxela, os aspectos ambientais que se xeran en cada unha das actividades desenvolvidas na organización, ademáis de promover a protección ambiental e a prevención da contaminación dende un punto de vista de equilibrio cos aspectos socioeconómicos.
ISO 50001 de Sistema de Xestión Enerxética: establece os requisitos que debe ter un sistema de xestión enerxética, coa finalidade de realizar melloras continuas e sistemáticas do rendemento enerxético das organizacións.
OHSAS 18001 de Prevención de Riscos Laborais: especifica os requisitos para un sistema de xestión da Seguridade e Saúde no Traballo (SST), destinado a permitir que unha organización controle os seus riscos para a SST e mellore o seu desempeño nesta área.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
• Certificado de recuperación de Ecoembes 2010 onde se recoñece ao Complexo Medioambiental de Barbanza como a planta do Estado co sistema de recuperación orgánico-inorgánico coas maiores taxas de recuperación por habitante.
• Premio Bioenerxía de Plata á mellor innovación Ategrus 2012 pola xestión do biogás no vertedoiro.