Visitas guiadas
Co obxectivo de dar a coñecer o traballo que se realiza na planta e concienciar á poboación da necesidade da correcta separación en orixe, realízanse visitas guiadas á planta. No percorrido analízase a problemática global da xeración de residuos e fálase das solución locais. Explícanse os procesos de compostaxe e recuperación de envases en planta, así como os rigurosos controis ambientais que se deben manter no complexo.
Desde o ano 2007 visitaron a planta máis de 2.400 persoas de diferentes colectivos e entidades, así como de universidades e centros educativos.
Condicións das visitas
Nas visitas guiadas poden participar todas as entidades (asociacións veciñais, culturais, empresas, centros de ensino, comunidades de montes) que o desexen. O día das visita é os venres en horario de mañá e para maiores de 14 anos.
As visitas son gratuítas.