A mancomunidade
O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza comezou a funcionar no 2003 coa misión de acadar as mellores taxas de reciclaxe e o máximo respeto ao medio ambiente.
Os principais obxectivos desta planta son a xestión integral dos residuos domésticos dos concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza a través da compostaxe de materia orgánica e a recuperación de materiais para a súa reciclaxe.
86.000 habitantes
A Mancomunidade do Barbanza presta servicio a 86.000 habitantes dos distintos concellos que a conforman
160 postos de traballo
Un total de 160 persoas da contorna que traballan de xeito directo no Complexo
32.000 toneladas/ano
de residuos tratados cada ano de media de forma sustentable e responsable grazas á colaboración cidadá
Máis proximidade, menos emisións
Cúmprese o principio de proximidade ao tratar o lixo preto de onde se produce