Que facemos?

Existe un enorme compromiso co medio ambiente e coa sociedade, marcado pola excelencia en todos os procesos e actuacións, tendo como piares básicos a innovación, a transparencia, a seguridade no traballo e o valor achegado polo capital humano.

Os principais obxectivos desta planta son a xestión integral dos residuos domésticos dos concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza por medio da recollida selectiva, a recuperación de materiais para a súa reciclaxe e a compostaxe de materia orgánica.

 

 

Ofrecemos solucións para cada fase da xestión da maneira máis respectuosa posible co medio ambiente e promovendo o compromiso da cidadanía coa súa contorna.