SELECCIÓN ENVASES

ZONA COMPOSTAXE

BALSA LIXIVIADOS

VERTEDOIRO

DEPURADORA

PLANTA ENERGETICA

A planta baséase na regra dos 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar)
e, finalmente, os residuos sobrantes elimínanse nun vertedoiro.
O sistema de recollida selectiva implantado na Mancomunidade
do Barbanza é húmido-seco. Consiste na existencia de catro
tipos de contedores que se expoñen a continuación con maior
detalle. Priorízase a calidade da materia orgánica, recollida en
contedores específicos de tapa verde. A fracción inorgánica ou
fracción resto é recollida en contedores de tapa amarela. Por
outro lado, existen contedores monomateriais para a recollida
selectiva do papel, do vidro e das pilas:
• Contedor azul: onde se depositan papel e cartón (xornais,
revistas, libros, caixas…).
• Iglú verde: onde se depositan botellas e tarros de cristal,
sen tapas, chapas ou corchos. Lateralmente, estos contedores
poden ter un depósito para pilas.
• Contedor de tapa verde (360 litros de capacidade): onde
se deposita materia orgánica como os restos de comida
e de xardinería.
• Contedor de tapa amarela (800 litros de capacidade):
onde se deposita a fracción inorgánica coma os plásticos,
envases de aceite, iogur, suavizante, latas, bricks, textís,
louza …
A recollida dos contedores das fraccións orgánicas e inorgánicas
realízase mediante camións bicompartimentados con destino
ao complexo medioambiental, que conta con dúas liñas de
tratamento diferenciadas para estes dous tipos de materiais.
Os envases do contedor de tapa amarela recuperados en planta
(liña de selección manual para envases de plástico e métodos
electromecánicos para envases metálicos), así como o
papel-cartón dos contedores azuis e o vidro dos iglús, son enviados
as súas correspondentes plantas de reciclaxe.
Cabe resaltar ademáis que comerciantes e hostaleiros teñen
facilidades engadidas, como un sistema de recollida de cartón
porta a porta, iglús verdes cunha apertura máis grande para
depositar o vidro e contedores con rodas para facilitar o transporte.