Pregar, amontoar e depositar....para reciclar
Os concellos dispoñen dun servizo de recollida de cartón específico para comercios. O obxectivo do programa é recuperar e garantir a reciclaxe de todos os cartóns comerciais, e evitar que estes rematen en lugares desaxeitados como son os contedores de recollida selectiva para o resto dos residuos, ou como acontece en moitas ocasións abandonándoos na rúa.
Con este servizo só terás que depositar os cartóns, pregados e amontoados, os días de recollida no horario e lugar indicados. Nós encargámonos de todo o demais. É importante que as caixas non conteñan ningún outro material (plásticos, perchas…) no seu interior.
Lembra sempre o día de recollida!
Se desexas adherirte á campaña de reciclaxe de cartón comercial, non dubides en contactar con nós:
Tel. 639 107 638
Horario: de 10:00 h. a 14:00 h.
Participa e mellora a imaxe da túa rúa
Normalmente os pequenos comercios xeran un volume importante de papel-cartón que require unha xestión específica. Xa que logo:
• NON deposites o cartón nos contedores do lixo. Os contedores de tapa amarela están destinados aos envases plásticos, latas, bricks, etc. Os contedores de tapa verde están destinados ao depósito da materia orgánica. O cartón debe separarse para que poida ser reciclado ( o contedor de papel-cartón está preparado para o papel-cartón doméstico e co comercial saturaríase de contado).
• NON invadas a beirarrúa. É un lugar público e temos que coidar a imaxe da túa rúa.
• NON os amontoes de calquera xeito. Prégaos e amontóaos con orde. Nós recollémolos.