Sistemas de contenerización
O sistema de recollida do Complexo Medioambiental do Barbanza permite a correcta separación da materia orgáncia para a elaboración de compost, e a recuperación de envases para a súa reciclaxe.
Fracción orgánica
Contedor de tapa verde
Deposítase materia orgánica: restos de comida e de xardinería. En xeral, tódolos residuos biodegradables.
Fracción inorgánica
Contedor de tapa amarela
Deposítase a fracción inorgánica: botellas e bolsas de plástico, latas, bricks, téxtil, louza
Papel e cartón
Contedor azul
Deposítase papel e cartón: dende libros e cadernos a caixas de cartóns pregadas así como papeis de embalar...
Vidro
Iglú verde
Deposítanse botellas e tarros de cristal, sen tapas, chapas ou tapóns. Ademais, lateralmente estes contedores poden ter un depósito para pilas.