O compost nos hortos

Compost

O compost é unha alternativa sostible para a fertilización do campo e as hortas e que conta cada vez con maior respaldo polos resultados que ofrece. A experta en agricultura Carme Freire optou polo compost do Barbanza para o curso de Xardinería comestible que está a impartir esta primavera en Porto do Son. Conversamos con ela para coñecer a súa experiencia empregando compost nestes talleres.

Cando comezou a empregar o compost para os seus talleres e cursos?
Foi en marzo do 2016, no curso de Horticultura da Uned Senior e o Concello de Lousame impartido por Toxosoutos no que se cultivaron as hortas sen ter previamente ningunha maquinaria introducida naquel espazo nin tendo feito ningún roturado manual do terreno.

Por que decidiu utilizar compost no canto doutros fertilizantes?

Polo que significa de sostenibilidade, recuperación de saberes e economía circular.

Cóntenos en que cosisten exactamente estes cursos?
Son cursos sobre SABERES LABREGOS (horta, froita, conservas, podas, semilleiros, enxertos, cociña, monte, artesanías con recursos silvestres…). Impartidos en toda a comarca do Barbanza e a provincia da Coruña. O obxetivo é valorizar e recuperar os saberes populares como fonte de futuro económico e cultural.  Están dirixidos a toda a poboación, tratando de mesturar edades, sexos, procedencias, experiencias….
Nos cursos procúrase que os participantes recuperen a idea de que aproveitar os nosos recursos e reciclar a materia orgánica é algo tradicional e unha fonte de autosuficiencia e riqueza.

E por que escolleu o compost do CM Barbanza? 

Porque é o que teño máis cercano, é ademáis creo que é positivo que axente da zona coñeza este recurso seu, provinte da súa materia orgánica. O compost do Barbanza coñecino polas campañas de divulgación que a planta de compostaxe fixo desde o principio, xa que eu cultivo tamén e intereseime por este recurso do meu entorno xa para a miña horta. Cando me explicaron os diferentes compost que se obteñen na Planta de Lousame e me ensinaron as análiticas que se lle fan para saber da súa composición decidinme a emprega-lo na horta de Toxosoutos. Logo, a maiores, dixéronme que sendo para formación en organismos como a UNED, era gratuíto, co conseguinte aforro nos costes da preparación da horta de Toxosoutos.
Agora estouno a empregar tamén nunhas nas hortas formativas no concello de Porto do Son, tamén auspiciadas pola UNED Senior.

-Que facilidades/vantaxes lle ofrece o compost?
É barato, tráenmo á horta, e é moi productivo. É un exemplo claro da economía circular, con el péchase o círculo dos residuos orgánicos. É demostrativo de que se pode facer horta sen químicos de síntese…