Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, quere pór o seu gran de area uníndose á campaña internacional Refugallo Cero, promovido por Zero Waste. O obxectivo deste reto é reducir ao máximo o consumo de plástico durante toda esta semana e alertar dos problemas ambientais que xeran os refugallos de plástico dun só uso.
Apostamos por unha sociedade e uns espazos naturais desplastificados e mudando pequenos hábitos cotiás do noso xeito de consumir podemos reducir a nosa achega de plásticos ao medio e minimizar así os seus efectos negativos.
Se comparamos as cifras de producción de plástico, pois Europa é o segundo maior produtor do mundo con arredor de 50 millóns de toneladas ao ano, coas cifras de recuperación de envases, na Unión Europea só se recuperan o 30%, sabemos que queda moito traballo por diante, pero con todo estamos encamiñados cara un mundo máis sustentable, e Galicia é exemplo delo.
As cifras na nosa comunidade
En Galicia, a cantidade de envases recuperados sitúase nos 11,7 kg/habitante ao ano segundo os datos recollidos por Ecoembes en 2018. Malia a media galega, a comunidade conta con execpcións que se achegan máis aos obxectivos de recuperación de envases marcados por Europa.
Unha significativa diferenza marcan as cifras de recuperación rexistradas no Complexo Medioambiental do Barbanza, situado en Lousame, e que en 2018 alcanzou unha media de máis de 31 kg de envases recuperados por habitante ao ano, e a tendencia é seguir incrementándose.
O complexo medioambiental de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, ten unas das mellores taxas de recuperación de envases por habitante de España. O volumen de residuos (fracción de envases que inclúen plásticos, briks e recipientes metálicos de distinto tipo) recuperados e enviados para a súa reciclaxe creceu durante o exercicio pasado un 2% e ascendeu a máis de 2.810 as toneladas de envases recuperados, fronte ás 2.725 rexistradas o ano anterior.
Estes bos resultados na recuperación de envases están directamente relacionados co traballo que realiza o persoal encargado de seleccionar manualmente o contido das bolsas de refugallo que chegan ás cintas transportadoras, separando os residuos de plástico e metálicos.
Ademais, a planta de Lousame, aposta por unha concepción do tratamento da basura baseado na recuperación de envases así como na producción de compost, procedente da fracción orgánica. Cun sistema de contedores que tamén está orientado a este obxectivo e que se distingue do empregado en boa parte da comunidade galega que está deixando un fracaso na recuperación de envases, así como na súa reciclaxe.
A invasión do plástico dun só uso en cifras
Na actualidade, o plástico dun uso está por todas partes e parece que nos rodea: bolsas, bandexas, botellas… De feito, o plástico está a ser unha ameaza para o noso planeta. Reducir o seu consumo e evitar un maior deterioro do noso medio natural está nas nosas mans.
- O 40% da demanda de plásticos en Europa é para os dun só uso.
- 20.000 botellas de plástico por segundo mércanse no mundo, esto é un millón por minuto e empregamos 160.000 bolsas de plástico por segundo (cunha vida útil de 15 minutos).
- Unha bolsa tarda 150 anos en degradarse e unha botella 1.000 anos.
- En España usamos máis de 13 millóns de palliñas de plástico ao día.
- Só o 9% do plástico a nivel mundial recíclase. Na Unión Europea só se recuperan o 30% dos envases, en Galicia non chega ao 15%.
- 8 millóns de toneladas de plástico rematan nos océanos. Cifra que se duplicará no 2030 se permanecemos inactivos.
- Uns 100.000 mamíferos mariños e un millón de aves morren cada ano pola contaminación de plásticos.
- O Mediterráneo contén só o 1% das augas do planeta pero concentra o 7% de microplásticos do mundo. Nós tamén inxerimos plástico.