Contaminación dos plásticos, no Día Mundial do Medio Ambiente

plástico

Cada 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, cada ano centrado nunha temática na que incidir para lograr unha maior conservación do medio ambiente ameazo desde distintos prismas. Este ano, o obxectivo é combater a contaminación polos plásticos, en especial a incidencia dos plásticos dun so uso que se teñen convertido nunha auténtica ameaza para moitos ecosistemas ó non ser reciclados e terminar invadindo as augas ou as terras afectando directamente ás especies que habitan estes espazos.

No Complexo Medioambiental Serra do Barbanza sumamos esforzos cada día para concienciar sobre a importancia que teñen as prácticas sostibles e respetuosas co medio ambiente nas que se inclúe a reciclaxe, unha tarefa que precisa de todos para conseguir ser efectiva, xa que comeza en cada fogar. A planta de Lousame recibíu en 2017 un total de 32.400 toneladas de residuos (orgánicos, inorgánicos, vidro, papel, cartón, fracción vexetal e enseres domésticos) procedentes dos 9 concellos nos que opera, nos que residen 86.063 habitantes. E destes residuos recuperáronse 7.408 toneladas de residuos inorgánicos destinadas a reciclaxe, o que equivale a 86 kg/ habitante. Tamén se reciclaron mediante compostaxe unhas 2.700 toneladas de fracción orgánica, equivalentes a 31 kg/ habitante, dando lugar a 266 toneladas de compost. O compromiso coa reciclaxe a recuperación de residuos e, por conseguinte da conservación do medio ambiente, do Complexo Medioambiental Serra do Barbanza fixo que as súas cifras o sitúen á cabeza da reciclaxe e recuperación en Galicia e como un dos principais centros en España.

Este foi o tratamento dos residuos en función da súa tipoloxía:

  • Vidro (procedente dos iglús da rúa máis o seleccionado en planta: 1.605 toneladas/ano, equivalentes a 18,7 kg/habitante ano. Mentres que a media galega está situada en 16.8 kg (informe Ecovidrio, 2017). A cifra equivale ao 68% de recuperación deste material, superando así o obxectivo fixado pola lexislación en materia de residuos para o 2020, de acadar o 60% de recuperación para a súa reciclaxe.
  • Papel-cartón (procedente dos contedores da rúa, máis o servizo de porta a porta comercial e o seleccionado en planta): 2.646 toneladas/ano, equivalentes a 30.7 kg/habitante ano. A cifra equivale ao 59% de recuperación deste material (obxectivo 2020: 70%).
  • Envases (suma de envases plásticos, metálicos e bricks recuperados en planta): 2.622 toneladas/año, equivalentes a 30kg/habitante ano. A cifra equivale ao 40% de recuperación (obxectivo 2020: 55%).
  • Outros (chatarra, madeira, residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, etc.): 535 toneladas/ano, equivalentes a 6,2 kg/habitante ano.
  • Materia orgánica reciclada transformada en compost. Producíronse 266 toneladas de compost, que proceden da reciclaxe mediante compostaxe dunhas 2660 toneladas de fracción orgánica, equivalentes a 31kg/habitante ano. A cifra equivale ao 38% de recuperación (obxectivo 2020: 50%)

En total foron recuperados para a súa reciclaxe e reciclados mediante compostaxe o 31% dos residuos xestionados no CM Barbanza. O obxectivo marcado pola Unión Europea para 2020 pasa por recuperar o 50% dos residuos, pero para logralo é preciso tamén implementar os cambios de hábitos a prol da reciclaxe nos fogares.

E aínda que o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, continúa líder na reciclaxe, as cifras baixaron certamente con respecto ás rexistradas un ano antes, no 2016. Entre os principais motivos que orixinaron un mínimo descenso atópanse as dificultades que afronta a planta pola falta de renovación de maquinaria por parte da Maconuminidade. A falta de novos camións en sustitución dos actuais, que xa superaron a súa vida útil e que debían ter sido renovados no 2013, así como a avería da volteadora que imposilita realizar un compost como se viña facendo ata o momento así como a falta de contedores adecuados á demanda existente, contribúen a mermar as cifras e reciclaxe a pesar dos esforzos. Ademais, pese a que se levou a cabo o tratamento dun volume similar do cartón tanto no 2016 como 2017, as cifras do último ano son inferiores posto que por unha situación do sector, allea ó complexo, non se estivo asumindo todo o cartón, algo que xa se está facendo no presente ano.