Coñecer o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza

Greenpeace

As visitas guiadas ó Complexo Medioambiental Serra do Barbanza forman parte do día a día das instalacións. Son unha oportunidade para que todo aquel que queira, previa solicitude para concertar unha data, coñeza de primeira man o tratamento do lixo que se leva a cabo e a recuperación de residuos e compostoxe que converten ó complexo nunha instalación punteira na reciclaxe galega e estatal.

Son moitos os que ó longo destes anos se achegaron co gaio de saber máis sobre o tratamento de residuos. Unha destas visitas nos últimos tempos foi a realizada por un pequeno grupo de voluntarias e voluntarios de Greenpeace Pontevedra  que quixeron saber, de primeira man, como se xestionan os residuos sólidos urbanos no Complexo Medioambiental da Serra do Barbanza. Eles mesmos relatan e valoran a súa experiencia no complexo:

“Alí puidemos ver o traballo que se fai para separar e reciclar: vidro, papel, cartón, plástico, metal, madeira… comprobamos por qué a súa taxa de recuperación de envases é das máis altas de todo España e como conseguen facer un compost industrial moi bo. A pesares disto, esta reciclaxe poderíase facerse mellor se a poboación e as administracións tiveran máis vontade medioambiental.

Con esta visita confirmamos o que desde Greenpeace levamos traballando todos estos anos… pódese mellorar moito o noso medioambiente xa que as ferramentas existen e funcionan, tan só fai falta vontade.

Desde Greenpeace Pontevedra animamos a tódalas persoas dos concellos adheridos a este Complexo, e ós propios Concellos, a que se comprometan un pouco máis coa xestión dos seus residuos.

Tamén animamos ó resto de Concellos de Galicia a que cambien o seu modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos a un modelo similar a éste e deixen de utilizar o modelo de SOGAMA, xa que non é un modelo sostible e moito menos respetuoso co medioambiente, xa que máis do 60% dos residuos que recibe quéimanos.”