VISITAS GUIADAS
Co obxectivo de dar a coñecer o traballo que se realiza na planta e concienciar aos veciños da contorna coa necesidade de separar en orixe, desde o ano 2007 realízanse visitas guiadas á
planta nas que se explica o proceso de separación de residuos que se realiza nas instalacións.
Desde o ano 2007 visitaron a planta máis de 2.400 persoas dediferentes colectivos e entidades así como centros educativos. No curso 2015-2016 coñeceron as instalacións de primeira
man 172 persoas.