Semana Europea de Prevención de Residuos, 7 días para tomar conciencia e procurar reducir a cantidade de lixo
Do 17 ó 25 de novembro celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos, unha iniciativa que ten como principal obxectivo promover e implantar durante 7 días accións de sensibilización sobre recursos sostibles e a xestión dos residuos. No Complexo Medioambiental Serra do Barbanza buscamos abordala dende unha perspectiva creativa e involucrando á comunidade educativa.