Programa "O lixo desde o teu concello"

O Centro Medioambiental da Serra do Barbanza, en colaboración con Adega, vén desenvolvendo nos últimos 12 anos o programa educativo “O lixo dende o teu concello”. Este programa incide na importancia da separación do lixo en orixe para o posterior tratamento dos residuos.

É unha iniciativa dirixida a entidades e centros educativos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. Cada ano realízanse máis de sesenta actividades (charlas e obradoiros) nos distintos municipios da zona. Neste ano participaron diferentes entidades neste programa, entre concellosbibliotecas, ludotecas, campamentos de verán e centros de día entre outros colectivos.

Os obxectivos deste programa son:

  • dar a coñecer a problemática dos residuos
  • fomentar as actitudes de respeto e coidado do contorno
  • promover a toma de conciencia sobre os problemas medioambientais
  • facilitar o coñecemento do funcionamento dos servizos e técnicas aplicadas na xestión de residuos da Mancomunidade.

No Programa “O lixo desde o teu concello” poderán participar asociacións veciñais, culturais, concellos, centros de ensino, etc.
As actividades de educación ambiental consisten en charlas e obradoiros (60-90 minutos), que se adaptan ás idades dos e das participantes.

Ademais tamén se poderán solicitar visitas guiadas ás instalacións da Planta de Compostaxe de Lousame.

Os obradoiros

1. Residuos e consumo

Actividade enfocada na relación entre a produción de residuos e unha cultura cada vez máis consumista. A actividade constará dunha pequena charla e diferentes
alternativas de actividades:

A/ O xogo “a nosa compra” (resaltando importancia dun consumo moderado).
B/ Vídeo fórum sobre a temática do consumo e o lixo.
C/ Obradoiro de bolsa reciclada a partir dunha camisola.

2. Análise da bolsa do lixo

Actividade consistente en analisar unha bolsa de lixo e ou seus compoñentes co obxectivo de amosar a porcentaxe de residuos domiciliarios diarios. A porcentaxe dos residuos permitirán tomar conciencia tanto da cantidade como da diversidade de residuos producidos e así incidir na súa redución e na separación axeitada.

3. Substituíndo os tóxicos no fogar

Neste obradoiro aprenderase a recoñecer produtos tóxicos e perigosos de uso cotián na casa, na escola ou no lugar de traballo, así como coñecer as alternativas existentes. Elaboraranse produtos caseiros substitutivos como limpadores multiusos, ambientadores, colonia, etc.
Con persoas adultas poderá realizarse tamén xabón, crema para os beizos, etc.

4. Fabricando cousas novas con residuos

Empregando residuos domésticos que as veciñas e veciños da Mancomunidade ían tirar ao lixo, elaboraranse obxectos útiles (ou xoguetes cos máis cativos), traballando así o segundo dos 3Rs: a reutilización.
Recuperar esta práctica que se está a perder é o obxectivo deste obradoiro que busca amosar de xeito lúdico e sinxelo que os residuos poden ter unha segunda vida antes da reciclaxe.

5. Construción dun composteiro

Con este obradoiro preténdese implantar a compostaxe nas diferentes entidades participantes. Construirase un composterio con material reciclado para xestionar os residuos orgánicos. Poderá realizarse nunha comunidade de veciños, nunha horta comunitaria, ou nun centro de ensino, etc.
Se se prefire poderán solicitarse composteiros prefabricados.

6. Obradoiro de compostaxe

Destinado a aquelas agrupacións ou centros que xa posúen un composteiro.
Servirá para comprobar o correcto funcionamento do mesmo. Poderán realizarse diferentes actividades como comprobación de temperatura, humidade, presenza de impropios… Para os máis cativos tamén existen actividades específicas: patrulla de compostaxe, identificación de descompoñedores, do composteiro á horta...

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS

LEMBRA que neste programa poden participar todas as entidades (asociacións de veciñ@s, culturais, mulleres rurais, empresas, centros de ensino, comunidades de
montes, etc) dos Concellos da Mancomunidades do Barbanza que o desexen de forma gratuíta.

SOLICITA UN OBRADOIRO

Nome
Email
Localidade
Teléfono
Nome do colectivo
Obradoiro de interés
Datas preferidas 1
Datas preferidas 2
Observacións
[recaptcha]

7. Reciclaxe de papel: Elaboración

Cuns xornais vellos e auga, fabricarase papel novo, demostrando que a reciclaxe é viable se todas e todos colaboran e separan axeitadamente os residuos. Ademais, neste taller incídese no aspecto ambiental da reciclaxe relacionando o feito de separar para reciclar cos bosques, a auga, a enerxía, os residuos industriais, etc.

8. Reciclaxe de papel: Aplicación

Con este obradoiro complétase o anterior. Cos papeis e cartóns realizados elaboraranse obxectos de todo tipo, ben suxeridos polos educadores/as ou ben os que se lle ocurran aos participantes. Tarxetas de parabéns, cadros, collage...

9. Xogos do lixo

Enfocada cara nenos e nenas. Trátanse os 3 Rs á vez mediante diferentes xogos onde se pretende que os rapaces pasen un momento agradable e aprendan ao mesmo tempo. Para iso xogarán cuns brinquedos feitos con material de refugallo participando na “Olimpiada do lixo” ou no “ Xogo de separación”.

10. Ecoauditoría de residuos

Actividade participativa co persoal do edificio. Poderá realizarse nunha biblioteca, nun concello, nunha casa cultural, ou nun centro de ensino. O obxectivo será mellorar a xestión dos residuos e diminuir a súa cantidade.
Conta de tres fases principais con sinxelas actividades.