O compost, un aliado para un solo fértil e protector da biodiversidade

Sensibilizar á poboación mundial en temas ambientais e intensificar a acción política para evitar a degradación do medio. Con esta premisa lévase celebrando dende 1972 (Conferencia de Estocolmo), cada 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente. Os esforzos céntranse en concienciar á sociedade para que se convirtan en axentes activos do desarrollo sostible e no cambio de actitude medioambiental e dos nosos hábitos de consumo. Protexer o noso medio require do esforzo de todos os axentes: das persoas en particular en repensar a nosa forma de consumir, das empresas e desenvolver modelos máis ecolóxicos e sostibles, e dos gobernos como responsables de protexer o medio.

Dende o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, sumámonos á celebración deste día e contribuir así, a garantir o futuro do noso entorno natural, e un bo exemplo delo é a compostaxe  para contribuir na fertilidade dos solos e ao mesmo tempo protexer a biodoversidade.

 

A biodiversidade, base da vida no planeta

Para este ano o tema central do Día Mundial do Medio Ambiente, é a biodiversidade. Coñecida tamén como diversidade biolóxica, engloba á variedade de formas de vida do planeta, que inclúe aos ecosistemas terrestres, mariños e os complexos ecolóxicos dos que forman parte, máis alá da diversidade dentro de cada especie, entre as especies e os ecosistemas. Cada membro desta biodiversidade xoga un papel fundamental no equilibrio natural.

Acontecementos catastróficos recentes, como os incendios forestais a gran escala de Brasil, California e Australia, a invasión de langostas no Corno de África e a pandemia mundial da COVID-19, demostran que a natureza está a sufrir cambios e consecuencias graves. De feito a actual crise sanitaria garda unha forte vinculación coa propia saúde do ecosistema e a perda de biodiversidade, e precisamente uns ecosistemas sans proporcionan unha maior protección ante a propagación de patóxenos e enfermidades infecciosas.

A biodiversidade é a base de toda vida no noso planeta, e sen ela, a saúde humana queda comprometida. Auga limpa, aire puro, solos fértiles, alimentos nutritivos, todo elo depende absolutamente da biodiversidade.

 

O compost aliado da diversidade biolóxica

As actividades humanas levan décadas alterando o planeta, causando unha perda de biodiversidade sen precedentes. Pero ao mesmo tempo está nas nosas mans revertir esta situación: todos podemos contribuir para protexer os nosos ecosistemas e a diversidade biolóxica.

Un bo exemplo, á vez que sinxelo, é a práctica da compostaxe en calquera dos seus niveis ou modelos: individual, comunitaria, en zonas públicas ou a compostaxe en planta. O uso do compost, resultado da descomposición da materia orgánica para a súa transformación en humus, é unha das prácticas más importantes para rexeneración dos solos degradados e pouco fértiles.

Transformando os biorresiduos en compost podemos devolver grandes nutrientes ao solo, ao mesmo tempo que reducimos e reutilizamos os residuos producidos. Amais de contribuir na boa saúde do chan, o compost tamén mellora a resiliencia dos mesmos ante as crises como poden ser as sequías.

O compost é unha rica fonte de materia orgánica, unha substancia vital para o aire, a humidade e a retención de nutrientes. A materia orgánica do solo xoga un papel fundamental no mantemento da fertilidade do chan, e polo tanto, na produción agrícola sostible. Amais de ser unha fonte de nutrientes para as plantas (nitróxeno, fósforo e potasio), mellora as propiedades biolóxicas e físico – químicas do solo (retención de humidade e reduce a evaporación da auga, reduce o risco de erosión, aporta macro e micronutrientes, etc).

Se temos en conta as propiedades biolóxicas, o compost, aporta organismos, como bacterias e fungos, que transforman os materiais insolubles en nutrientes do chan para as plantas e degradan as substancias nocivas. Así tamén, ao mellorar as condicións do solo e engadir carbono mantén a biodiversidade, a micro e macrofauna.

Polo tanto, o compost contribúe á continuidade do ciclo de vida, alimentando ás especies vexetais que, á súa vez, alimentarán ás especies animais.