Con 23,5 quilos por habitante, o complexo de Serra do Barbanza supera as medias nacional e galega de recuperación de envases.
O complexo medioambiental de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, ubicado en Lousame, ten unha das mellores taxas de recuperación de envases por habitante de España. No que vai de ano, a falta de só un mes para pechar o balance, son xa 2.805 as toneladas de envases recuperados (plásticos e metálicos) procedentes do colector de fracción inorgánica, fronte ás 2.725 de todo o ano pasado.