O mural feito polos alumnos da Escola de Educación Infantil (EEI) Tal de Abaixo, de Muros, foi o gañador do concurso Como reducir os residuos?, impulsado polo Complexo Medioambiental Serra do Barbanza en colaboración con Adega.
Representantes das dúas entidades entregaron onte o premio ós gañadores: un lote de libros centrados na reciclaxe e en prácticas sostibles, cos que seguir SUSO SOUTO Muros afondando na importancia da separación e recuperación de residuos. Ademais, o premio inclúe cantimploras para os cativos que fixeron o mural, co gaio de que poidan, dun xeito práctico, comezar a contribuír a reducir o consumo de botellas plásticas e fomentar o consumo de auga da billa.