Compostaxe
A materia orgánica é preto do 50% do lixo que producimos a diario. Os restos de comida (tanto crús como cociñados) recollidos selectivamente transfórmanse a través dun proceso natural e controlado en compost para a horta ou o xardín.
Tras varias semanas de regos e volteos, e mediante o control dos parámetros osíxeno, temperatura e humidade, obtense un compost rico en materia orgánica e nutrientes. O seu uso mellorará a calidade do solo e o rendemento dos cultivos
Para mercar compost contacta con nós
Tel. 639 107 638
Horario: de 10:00 h. a 14:00 h.
Zona de compostaxe
1 | Oficinas e báscula
2 | Camión bicompartimentado
3 | Zona de recepción dos residuos orgánicos
4 | Pretratamento e mestura co estructurante vexetal
5 | Fase de compotúneles
6 | Biofiltro
7 | Fase maduración en pilas volteadas
8 | Fase de afino
9 | Compost rematado para a venda a granel
10 | Balsa de lixiviados
11 | Balsa de pluviales e auga depurada