Menos plástico, máis vida

Posted

Un ano máis, a  Semana Europea da Prevención de Residuos, EWWR nas súas siglas en inglés (European Week for Waste Reduction), recórdanos a necesidade de volcarnos nun consumo responsable e a redución da cantidade de refugallos que xeramos como base da xestión sostible dos mesmos nun marco de economía circular. Na edición deste 2019, que […]

Folga polo Clima: mellorar as prácticas en relación aos residuos para reducir os efectos do cambio climático

Posted

Diferentes organizacións de Galicia participarán na folga polo clima que se celebrará hoxe venres 27 de setembro a nivel internacional. Máis de 50 asociacións e colectivos subscribiron o manifesto do Movemento Galego polo Clima para “pedir aos gobernos medidas efectivas fronte á crise climática”. O manifesto dos grupos ecoloxistas galegos consta de demandas nas que […]

Máis de 1,5 toneladas de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos aparecen cada ano mesturados co resto de residuos

Posted

O Complexo Medioambiental do Barbanza lembra a importancia de depositar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs) nos puntos limpos ou nos establecementos comerciais onde se adquiren os novos aparatos eléctricos. É máis, para certos volumes de superficie comercial están obrigados a recoller este tipo de instrumentos aínda que o consumidor non adquira un […]

Semana Europea

Semana Europea de Prevención de Residuos, 7 días para tomar conciencia e procurar reducir a cantidade de lixo

Posted

Do 17 ó 25 de novembro celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos, unha iniciativa que ten como principal obxectivo promover e implantar durante 7 días accións de sensibilización sobre recursos sostibles e a xestión dos residuos. No Complexo Medioambiental Serra do Barbanza buscamos abordala dende unha perspectiva creativa e involucrando á comunidade educativa.

Compostaxe caseira, cando os residuos orgánicos quedan na casa

Posted

Abordamos con María Rodríguez Lafuente, responsable de Residuos de Adega e coordinadora do programa educativo “O lixo desde o teu Concello” que cada ano poñemos en marcha dende o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, a compostaxe caseira, un método método de tratamento da materia orgánica, compatible co tratamento en planta e que aporta moitas vantaxes para a cidadanía […]