Camións bicompartimentados

Un mesmo camión encárgase de recoller tanto o contedor de fracción orgánica como o de inorgánica ao contar con espazos específicos para cada fracción. Os camións bicompartimentados desprázanse ao Complexo medioambiental, que conta con dúas liñas de tratamento diferenciadas para estes dous tipos de materiais.