Recollida e compostaxe da fracción orgánica no CM do Barbanza

O director do Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, Jacobo Patiño, participou na xornada “Forsu: Retos e oportunidades” organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). A sesión celebrouse o pasado mes na Cidade da Cultura e nela analizáronse os aspecto máis relevantes sobre a xestión da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (FORSU).

Unha iniciativa na que se explicou a experiencia  na recollida e compostaxe da fracción orgánica no Complexo Medioambiental Serra do Barbanza, que é un dos centros que mellores taxas de recuperación de residuos ten non só de Galicia senón de España. En total, no 2017 foron recuperados para a súa reciclaxe e reciclados mediante compostaxe o 31% dos residuos xestionados no CM Barbanza.

Porén, nesta xornada, o responsable do Complexo, tamén incidiu en que “se non hai un auxe na reciclaxe da materia orgánica será moi complicado chegar ós obxectivos marcados pola UE para os vindeiros anos”. Un obxetivos que fixan unha recuperación de residuos do 50% no 2020.